News


Anterior     1 de 5     Siguiente

Un presente TIC para o agro galego

* 26 de November de 2009 as 11:25


Foron uns cento cincuenta os asistentes ás charlas englobadas baixo o título “Implantación das TIC no medio rural. Todo o que necesito coñecer para mellorar a produción das explotacións mediante as novas tecnoloxías”. Comprobaron, polo tanto, cales son as propostas existentes na actualidade para conseguir nas granxas aforro, novas canles de comercialización e eficiencia enerxética.

     
Os seis relatores invitados presentaron ante o auditorio os seus proxectos, dalgúns dos cales houbo demostracións simultáneas na SITE: o programa informático para o control leiteiro de AFRICOR, o servizo informático en rede para produtores agrarios denominado Sirpa que está a ultimar a empresa XAN (ambas as dúas aplicacións desenvolvidas por unha firma xestada no noso viveiro, SCA Informatica, SL, cuia representación obtivose por parte de Saúl Vérez Fernández, socio promotor), o modelo de tecnoloxía analítica NIR coa que traballa a compañía Inversiones Moroan nas granxas leiteiras, o prototipo de tecnoloxía do instituto As Mercedes de Lugo para a produción de auga quente sanitaria e calefacción mediante a recuperación de calor nun tanque de leite e as cámaras de videovixilancia do gando.

 

Xornadas TIC para o Agro Galego